O Cluster TIC Galicia celebra a creación do novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica

martes, 26 de abril do 2011 Raquel Noya

Os responsables do Cluster TIC Galicia veñen de amosar publicamente a súa satisfacción polo anuncio feito recentemente por parte do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, de “habilitar un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica, cun ornamento de vinte millóns de euros”.
Esta entidade, destinada a vertebrar o macro-sector galego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, fai un balance moi positivo deste anuncio xa que, segundo afirman, “constitúe unha excelente nova para o sector galego das TIC, ao apuntar directamente a unha das principais necesidades coas que se atopan as empresas e os emprendedores: dispor de fontes de financiamento para poñer en marcha os seus proxectos”.
O Cluster entende que o capital risco é un recurso “adecuado á realidade do sector”. Un recurso que, segundo engaden, “sumado ao desenvolvemento doutras ferramentas financeiras, pode contribuír a acadar os obxectivos de crecemento, internacionalización e competitividade das empresas TIC de Galicia”.