O CESGA maila DXT asinan un convenio de colaboración

venres, 12 de decembro do 2008 Raquel Noya

O vindeiro luns día 15 de decembro, ás 12:30 horas, o director xeral de I+D+i da Consellaría de Innovación e Industria en calidade de presidente do CESGA (cargo que tamén ocupa), mailo xefe provincial de Tráfico de A Coruña e Coordinador dos Centros Territoriais da DXT en Galicia, asinarán un convenio de colaboración en reciprocidade por 10 anos para o uso de infraestruturas de interese para as dúas partes.
O convenio posibilitará, segundo anunciaron os seus responsables, unha “sustancial mellora da rede de comunicacións da comunidade científica galega”, a través do uso que o CESGA fará das canalizacións e galerías de servizos coas que a DXT conta, permitindo ao mesmo tempo que este organismo realice as súas simulacións numéricas no Finis Terrae, para o desenvolvemento de modelos de simulación e almacenamento masivo de datos.