Norton achega os primeiros consellos para as nosas compras en liña este Nadal
mércores, 24 de novembro do 2010
Mentres os consumidores
agardamos a atopar as mellores ofertas que ofrecen na Rede as tendas en liña
para realizar as nosas compras este Nadal e aforrar un chisco, os ciberdelincuentes
tamén están a agardar para capturar as súas vítimas e facer o seu peculiar sanmartiño á conta dos que,
inocentemente, ofrecen a súa información financieira e persoal a fontes pouco
fiables.
Este ano, de feito, este tipo
de delincuentes que actúan na Rede comezaron a actuar moi pronto e seguirán a
cometer apropiacións indebidas de datos se non se lle paran os pes, ao longo de
todo o inverno.
Segundo observaron
especialistas de Norton, as mensaxes de correo electrónico non solicitado (spam) que ofrecen reloxios de imitación,
produtos de saúde, tarxetas de felicitación ou outros artículos relacionados co
Nadal xa comezaron a chegar masivamente e neles, sempre se anima aos receptores
a comprar ao “mellor prezo posible”.
Asuntos como “Consígueo antes do Nadal”, “A tempo para o
Nadal” ou “Consigue unha rebaixa do X
por cento para este Nadal”, son algúns dos máis repetidos, que sempre levan
aos usuarios directamente a webs falsas nas que se venden produtos de
imitación, a farmacias en liña que ofrecen produtos falsificados ou a tendas de
complementos falsos a prezos moi atractivos.
Por norma xeral, son sitios que
piden os datos das tarxetas de crédito dos internautas, que logo son enganados
e estafados sen compaixón.
Segundo o informe de Norton
sobre Ciberdelitos en 2010, “o 62 por
cento dos españois sufriu algunha estafa deste tipo ao longo deste ano”, porén, tomando certas precaucións,
a compañía garante que esta tempada non seremos vítimas de mensaxes de correos
electrónicos non solicitados, virus informáticos e ameazas na Rede.
Para isto, Norton achega unha serie de
consellos, tales como non abrir correos electrónicos sospeitosos ou non
fiables, identificar os sitios web seguros, e empregar software de confianza
para garantir a seguridade en Internet, tales como antivirus, antispyware e antiphising.
