LambdaStream recibe o primeiro premio na oitava edición de AMJE Emprende
martes, 30 de outubro do 2007
A compañÃa de televisión persoal interactiva, LambdaStream vén de recoller un novo premio que engrosa a listaxe de galardóns recibidos nos últimos meses pola súa iniciativa empresarial, como o premio da Fundación CEO e o Premio Gerardo GarcÃa Campos á mellor empresa TIC de 2006. Desta volta, a firma recibiu de man do alcalde da Coruña, Javier Losada, o Premio AMJE Emprende que organiza a Asociación de Xóvenes Empresarios Marineda entre as empresas da provincia.
Nesta edición, na que participaban 12 empresas con iniciativa empresarial no eido da Coruña, Lambdastream obtivo o recoñecemento do xurado, que tamén premiou como segunda mellor iniciativa a Galchimia (empresa de Santiago que fabrica produtos quÃmicos) e á coruñesa Iberley (bases de datos xurÃdicas) en terceira posición.
O xurado, formado polos principais representantes polÃticos e empresariais da provincia, tivo en conta criterios como a creación de emprego, a evolución dos beneficios, o volume de investimentos, o carácter innovador, o grao de proxección nacional e internacional e as boas prácticas de xestión empresarial, como as polÃticas de igualdade de xénero e o respecto polo medio ambiente.
