Inauguración en Vigo das III Xornadas de Xóvenes CientÃficos
venres, 22 de febreiro do 2008
A Asociación Xuvenil Doira vén de anunciar a celebración das III Xornadas de Xóvenes CientÃficos que darán comezo o vindeiro luns 25 de febreiro en Vigo, dÃa no que se presentará oficialmente o proxecto que vai representar ós estudantes vigueses no segundo certame Australian UAV Challenge.
Estes encontros están dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato que serán previamente seleccionados para participar no deseño e na construción do AIRBot, un prototipo de avión autónomo non tripulado de pequeno tamaño para a detección de incendios forestais.
Esta actividade, que xurdiu da iniciativa privada, conta co apoio de diversas empresas e institucións e parte da experiencia das edicións de 2003 e de 2006 nas que se acadaron prestixiosos premios nacionais e internacionais, o último do cales foi o terceiro posto no Certame AIRLISS de deseño e construción de minisatélites organizado pola Universidade de Standford.
As xornadas, que contaron dende a súa primeira edición coa colaboración do Club Financeiro Vigo, pretenden contribuÃr á divulgación e á promoción da ciencia e a tecnoloxÃa entre estudantes de 15 a 17 anos.
O proceso de selección dos rapaces e rapazas cientÃficos será explicado na rolda de prensa de presentación do evento o vindeiro 25 de febreiro ás 12:30 horas no salón de actos da sede do Club Financeiro Vigo.
Na imaxe, o cartel UAV Challenge do pasado 2007.
