Blusens presenta o vindeiro martes en Madrid o seu novo Catálogo 2008
martes, 25 de setembro do 2007
A empresa galega Blusens especializada en electrónica de consumo de última xeración vén de anunciar o acto de presentación oficial do seu novo Catálogo 2008, que terá lugar o vindeiro 2 de outubro en In ZalacaÃn (Pozuelo de Alarcón). Neste acto, Blusens vai presentar -por primeira vez en público- algunhas primicias tecnolóxicas a nivel mundial, como o reprodutor MP3 con WiFi G14 ou o novo navegador G01 Pictometry, que mostra a navegación sobre imaxe real procedente de fotografÃa aérea.
Con menos de 5 anos de vida, esta empresa galega xa é un referente de éxito no sector tecnolóxico en España e -non sen razón- ocupa unha das posicións lÃderes en vendas de reprodutores MP3 e outros produtos como televisores, reprodutores de DVD, altofalantes...
|
|
GPS con imaxes reais
O evento de Blusens coincide coa publicación na Internet dun vÃdeo no que se
pode ver o o funcionamento do seu futuro
navegador GPS que, ó contrario dos existentes no mercado, non amosa mapas
simples, senón que presenta imaxes aéreas reais, o que permite ver en perspectiva
por onde nos movemos.
Este novo dispositivo sairÃa á venda para o Nadal, e contará cun disco duro de
40 Gb.
