Honour podería ser o smartphone de gama alta de Huawei

venres, 23 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A compañía taiwanesa Huawei vén de publicar unha serie de imaxes do que serían os seus novos smartphones con Android de alta gama, dos que aínda hai poucos detalles, pero que poderían ter unha boa acollida comercial se temos en conta que a compañía xa ten boas relacións con moitas operadoras de telecomunicacións ás que nutre tanto de modems 3G como de terminais telefónicos (normalmente de baixa-media gama).
O novo teléfono respondería ao nome de Huawei Honour, e parece que contará cunha pantalla capacitiva de 4 polgadas, procesador a 1,4 GHz, micrófono secundario para a cancelación de ruído, cámara frontal para videoconferencia e cámara frontal de 8 Mpíxeles con flash LED. Unhas prestacións que van máis aló do que sería un móbil aos que nos ten afeitos a compañía asiática, e que funcionaría inicialmente co sistema operativo Android 2.3.

O novo terminal incluso estaría dispoñible en varias cores