HP máis preto de adquirir a empresa de seguridade informática ArcSight
luns, 13 de setembro do 2010
A firma
tecnolóxica Hewlett-Packard, que leva un tempo mostrando intencións de adquirir
a compañÃa de seguridade informática ArcSight, vén de acurtar distancias no proceso de
negociación ao anunciar que está a piques de pechar o acordo de compra por uns
1.500 millóns de dólares, (algo mais de 1.171 millóns de euros).
Asà o asegura o
xornal Wall Street Journal, onde engaden que ArcSight espertou o
interese de varias das grandes empresas tecnolóxicas e estivo buscando unha
oferta que se aproximara aos 42 dólares por acción.
O acordo, de
terse pechado, suporÃa a segunda meirande adquisición de HP dende a saÃda do ex
presidente executivo Mark Hurd, o que demostra que o xigante tecnolóxico
continúa cun crecemento agresivo pese a crise na xefatura.
