Base para o portátil con altofalantes integrados
xoves, 7 de outubro do 2010
Colocar
un ordenador portátil no colo pode ser sumamente incómodo e prexudicial para a
saúde, e pensando en protexer as pernas do usuario anuncian o Logitech
Lapdesk N550, base para ordenadores portátiles cunha pantalla de ata 14,1
polgadas que chegará ao mercado europeo en xaneiro e que este mesmo mes porán á
venda nos EE.UU. por 59,99 dólares, o que pode parecer bastante elevado, pero
hai que destacar que este soporte incorpora tamén altofalantes laterais, de
xeito que aparte de protección térmica e comodidade, subministra unha calidade
de son superior á que dan a meirande parte dos portátiles a través dos seus
altofalantes integrados (alimentados a través de USB).
