A Comisión Europea promove o desenvolvemento dun sistema de vídeo interactivo tridimensional

xoves, 9 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Un grupo de investigadores xermanos están a desenvolver un novo sistema de reprodución multimedia que permitiría a visualización de vídeos en tres dimensións e mesmo interactuar coas imaxes na pantalla do ordenador ou do televisor dentro do proxecto IAVAS, auspiciado pola Comisión Europea.


Presentación do expositor de 3DTV durante unha feira en Helsinki

O obxectivo deste sistema sería “involucrar ós espectadores”, xa que incluso se podería integrar ó espectador nas imaxes coa axuda dunha cámara de vídeo, e mesmo cambiar as perspectivas da cámara e reproducir factores ambientais como a luz ou a temperatura (rexistrados mediante sensores especiais) para completar unha representación tridimensional que xera vistas separadas (unha para cada ollo do espectador) que se podería ver tanto en dispositivos 3D como en calquera tipo de monitor (pois o sistema calcula a imaxe e son óptimos para cada sistema de visualización).
O estado actual desta 3DTV se poderá ver na feira IFA que terá lugar do 31 de agosto ó 5 de setembro en Berlín.